27 nov 2010

PRIMEIRAS EXPERIENCIAS CO ENCERADO DIXITAL NA AULA DE 3 ANOS.

Acordádesvos da nosa colección de obxectos brancos? Pois de entre tóda-las fotos que lle fixemos escollemos varias para xogar con elas no EDI. Démoslle cor,buscamos formas, fixemos series,contamos...








24 nov 2010

OS BOLECHAS

Onte fixemos a primeira saida deste curso. Fomos a Santiago a ver a obra de títeres dos Bolechas. Viñemos encantados cos personaxes: Chispa, Tatá,Braulio...todos nos fixeron rir e ó final démoslle un fortísimo e merecido aplauso.
Para os máis pequenos foi a primeira excursión e, para moitos, a primeira vez que subian nun autobús...e sabedes que? xa están desexando volver!

23 nov 2010

MAGOSTO 2010

E por fin o tempo nos deu unha tregua e puidemos celebrar o Magosto !!!!

Tiñamos todo preparado:O Comecastañas e o Tragacastañas, os sacos para facer as carreiras...e como non, castañas quentiñas, que estaban moi moi ricas!
Sólo faltaba que saise o sol e aguantase sen chover...e así foi!o xoves fixemos festa rachada no patio!!.

Gracias a tóda-las familias por colaborar traendo as castañas, asándoas e buscando todo o necesario para realizar os xogos.

Pasámolo pipa comendo e xogando...mirade mirade...!

FRAN ESTÁ FEITO UN MOZO! XA CUMPREU 5 ANOS E CELEBRÁMOLO CUNHA GRAN FESTA! MOITOS PARABÉNS FRAN!!!

9 nov 2010

MONSTER

Hoxe a teacher falounos de Monster, e recordounos a un conto que temos na aula e que nos encanta!
Atopamos a peli e tamén nos rechifla! Pero alguén sabe...ONDE VIVEN OS MONSTROS?