29 sept 2012

ARRANCAMOS CON FORZA O PRIMEIRO PROXECTO DO CURSO: "AS UVAS"

Esta semana comezamos o primeiro proxecto do curso. Moitos dos nenos/as da aula estes dias chegaban contando que nas suas casas andaban facendo o viño e que eles/as mesmos vendimaban coas suas familias. O tema, polo tanto , non pode ser máis motivador. O venres fomos todos/as vendimar , pois as uvas xa están maduras e listas para recoller,coa colleita fixemos viño mosto...estaba moi doce,boísimo! Ademáis comeza a chegar a aula a información que nos mandan as familias.

25 sept 2012

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS

Cada semana deste 1º trimestre, traballaremos un personaxe dun conto. O primeiro que eleximos foi o protagonista dun conto que nos encantaaaa "A figueira de Pelostortos".

 


O ALMORZO DE PELOSTORTOS...


 
E GRACIAS OS FIGOS QUE TROUXO PABLO DA SUA FIGUEIRA DE VIXÁN, PUIDEMOS XOGAR A SUMAR E A RESTAR...



DESPEDIMOS O VRAN !!!

As obras de Maruja Mallo axudáronnos a recordar o ben que o pasamos nas vacacións do vran. Todos/as pasamos moito tempo na praia e por iso nos encantou poder tocar, ulir, escoitar, compoñer, crear...cos tesouros do mar. Traballamos en pequenos equipos e fixemos composicións moi orixinais que despois explicamos ao resto de compañeiros/as.

  OBRAS DE MARUJA MALLO





O NOSO TRABALLO




22 sept 2012

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Estes son algúns dos momentos vividos polos nenos de 3 anos nestas dúas primeiras semanas de cole. Como vedes, pasámolo moi ben....

10 sept 2012