16 nov 2013

SAPOCONCHOS PARA PECHAR A SEMANA...

O venres viñeron os axentes medioambientais a explicarnos a necesidade de coidar e protexer unha especie en perigo como é o sapoconcho común.
O que non esperábamos foi que trouxeran con eles diferentes especies de tartarugas...foi unha sorpresa moi emocionanteeee!!
Aprendemos un montón!!Gracias por visitarnos!!







PARABÉNS PARA ADRIANA QUE XA TEN 4 ANOS!!


7 nov 2013

ESCRITURAS SIGNIFICATIVAS

Despois da semana dura de traballo facendo galletas, esta tocounos redactar a receita para que nas casas poidades copiala, pois sabemos que esas galletas gustaron moito!!
As escrituras son libres, é dicir, respetamos a etapa na que se atopa cada un.Son todas moi valiosas pois demostran que aprendemos cada dia un pouquiño máis e sempre dándolle significado a todo o que facemos na aula.
 ETAPA INDETERMINADA

                           
ETAPA SILÁBICA


 ETAPA ALFABÉTICA



FANTÁSTICO FRANCESCO TONUCCI

Permitideme hoxe publicar no blog unha entrada adicada a Francesco Tonucci, pensador, psicopedagogo e debuxante . Mestre dos mestres, o cal tiven oportunidade de coñecer fai tempo e admiro profundamente.
Nalgunhas titorias, algunhas familias preguntádesme cómo é  a metodoloxia que emprego na aula, cómo é iso de traballar con textos reais a lectoescritura ou cómo en infantil miramos un mapa, ou manexamos metros ,compás... ou mesmo deixamos que collan bichiños no patio...
Pinchade na imaxe e lede a entrevista, penso que é moi interesante.

  "Lo que necesitan los alumnos de hoy, que serán adultos mañana -en un mañana que nosotros no podemos conocer-, son herramientas y ganas de aprender."...Tonucci


1 nov 2013

SEMANA DO SAMAÍN!!

Un ano máis volveunos visitar a bruxa Maruxa, e un ano máis a exposición de cabazas foi un espectáculo!! Pasamos a semana ensaiando unha canción terrorífica...a posta en escea foi todo un éxito, Maruxa non parou de rir!!!




Despois dunha semana dura de traballo conseguimos rematar unhas galletiñas que estaban deliciosas!! Esperamos que vos gustaran tanto coma a nós...case non chegan nin as migas!!