15 mar 2015

ESTE ANO TEMOS UNHA HORTA DE CONTO!!

Dende fai uns meses vimos prantando na nosa horta verduras que aparecen en diferentes contos da biblioteca, primeiro foi o conto de SOPA VERDE que nos dou pé para prantar brécol e coliflor e ainda que pola falta de sol quedáronnos moi pequeniñas puidemos ver como medraron e as diferenzas entre unha e outra verdura. Esta semana esperamos bo tempo para seguir coa nosa prantación!!...Xa andamos as voltas co COELLIÑO BRANCO...a ver si adiviñades que prantaremos...