21 ene 2016

BELEZA E AMOR NUNHA SOA PALABRA: O NOSO NOME.


O noso nome é especial, moitas veces, antes incluso de nacer os nosos pais, a nosa familia, soña xa con él. 
Que nos chamen polo noso nome conéctanos coa nosa esencia, coas nosas raíces...
Sen dúbida, cando lle amosas por primeira vez a palabra escrita do seu nome a un neno/a é un momento especial, moi significativo para eles/as, e por íso se emprega moitas veces como o primeiro texto para achegalos á lectoescritura. 
Cadaquén ao seu ritmo, e cando a súa motricidade fina llo permita, lograrán escribilo cada vez de forma máis convencional.
Sendo eu o modelo, a quén vexan escribir e ler e sendo eu quén lles achegue e facilite os materiais e lles amose a maneira de empregalos, só me queda unha cousa...esperar pacientemente a que o acaden soíños. 
Será un aprendizaxe significativo, motivador...que impulsará aos que veñan despois.






Na tribu africana dos Himbas, as nais conectan co neno/a que vai a nacer e crean a "súa canción". Con esta canción o neno/a é recibido ó nacer e cada vez que este necesite apoio especial, a tribu cántalle a súa canción, para así recordarlle quén é...

Mirade que fermosa a historia desta tribu africana...

(http://wabbblalogia.wordpress.com/2013/10/03/existe-una-tribu-en-africa/)




IMPORTANCIA DO MOVEMENTO NA ETAPA INFANTIL.

Sen dúbida, para ter en conta e reflexionar...

 
..."Si relacionamos las capacidades de aprendizaje con las capacidades físico- sensoriales, entonces no nos debería extrañar que cada vez aparezcan más casos de fracaso escolar en un sistema educativo cada vez más intelectualizado y una sociedad donde ya desde edades muy tempranas existe una tendencia hacia el sedentarismo, unido a un bombardeo de impresiones sensoriales, que el niño aún no está  preparado para  procesar y que no hacen más que bloquearlo o llevarlo a comportamientos compulsivos.
Preguntémonos cuales son los contenidos que deberían integrarse en la etapa de infantil, para que el futuro aprendizaje ocurra con éxito y facilidad. ¿Es realmente necesario adelantar los contenidos académicos y ya con tres años o antes prepararlos para la lectoescritura y el cálculo? ¿No sería más sensato preparar al niño en habilidades básicas, habilidades que le permitan aprender de todo en la vida?
Si realmente queremos preparar a nuestros hijos para que aprendan con facilidad, deberíamos tener en cuenta, que en la etapa de 0 a 7 años el niño tiene que poder desplegar sus habilidades motoras y sensoriales. Esto ocurre a través del juego, con objetos variados y en la naturaleza, explorando el mundo a través de su cuerpo y sus sentidos, en contacto consigo mismo y con los demás, divirtiéndose con canciones, rimas y juegos rítmicos. Cualquier tipo de estimulo cognitivo, racional, fichas, estudio, cosas impuestas desde fuera no hace más que mermar las capacidades de aprendizaje futuras."
                                                                                                          Tamara Chubarovsky


http:/http://www.vozymovimiento.com/el-movimiento-y-su-influencia-en-el-aprendiz



ENSÍNAME... PERO BONITO!

Queridas familias, un pouco máis tarde que de costume, arrancamos o blogue este curso escolar.  Non atopo mellor maneira para comezar que compartir con todos vós unha das experiencias máis gratificantes que puiden vivir como mestra.  O trimestre pasado visitou a aula Celine Haumery unha recoñecida guía montessori , referente mundial nesta metodoloxia , da cal, gracias ao seu asesoramento puiden aprender e perfeccionar os materiais e as actividades, pois lonxe de ser a nosa unha aula montessori , sí sacamos partido ao potencial tan grande destes materiais e desta filosofía.

Deixovos un documental no que Celine participa e que a min particularmente me fai reflexionar moito sobre os diferentes modelos educativos .