6 mar 2016

XOGAMOS A CONSTRUIR E ALGO MAIS...

O xogo de construcción mesmo pode parecer unha conducta innata no ser humán, pois ¿cal é o neno/a que non xoga a agrupar ou apilar pezas, bloques ou calquer obxecto ao seu alcanze?...Observando estas creacións non cabe dúbida do traballo artístico e creativo pero, reflexionando sobre elas, podemos falar dunha actividade tamén científica onde nada sucede ó azar: a elección das pezas, a súa forma, a súa cor, o peso, o tamaño, a textura...todo está estudiado e elexido minuciosamente polo creador da obra.
Ao igual que o debuxo , as construccións pasan por diferentes etapas ,dende a mera agrupación de obxectos a construccións totalmente simétricas ,esta evolución nos vai dando pistas tamén da evolución do neno/a: coordinación, equilibrio, motricidade, lateralización...
Día a día se suceden na aula construccións moi diferentes pola forma e polos materiais que nelas empregan, e que noutras moitas ocasións crean escenarios fantásticos para o xogo simbólico.